03 Aug Por facer da túa paixón o teu traballo
Angel e Eva decidiron montar un negocio que xira ao redor da súa paixón: o paddle surf. Unha disciplina deportiva que os namorou de moi novos, e que agora queren ensinar aos demáis. E o noso Gran Alanís quixo ser o primeiro en achegarse a brindar polo seu éxito.
Decidiron montar pola súa conta unha escola. Sen máis xefes que eles mesmos. E coa mellor oficina do mundo: a praia de Samil.
Gran Alanís, quere brindar con eles, e con todo aquel que logra que a súa paixón sexa o seu medio de vida. Como os viños para nós, ou o paddle surf para Angel e Eva.









No Comments