Rectoral de Amandi no teatro

Rectoral de Amandi no teatro

Rectoral de Amandi no teatro

Compartir:

Estamos de estrea! A obra «Raclette», da compañía Ibuprofeno Teatro, estréase hoxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. O noso mencía Rectoral de Amandi ten un papeliño na obra: será o viño que se beban os actores e actrices durante a representación. 

raclette2

A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.

E entre toda esta trama de «Raclette» estará presente o Rectoral de Amandi. Para nós é un pracer estar ao carón do teatro e a cultura galegas. Longa vida ao teatro!

Compartir:
Sin comentarios

Responder
Este formulario recopila tu nombre, correo electrónico y contenido para que podamos realizar un seguimiento de los comentarios dejados en la web. Para más información revisa nuestra Política de Privacidad, donde encontrarás más información sobre dónde, cómo y por qué almacenamos tus datos.