Polos nosos pulpeiros e pulpeiras

Polos nosos pulpeiros e pulpeiras

Polos nosos pulpeiros e pulpeiras

Compartir:

Por José Manuel García

Esta semana se celebran en Santiago as Festas da Ascensión. Nela hai unha serie de cousas que son tradición como acontece en tantas festas galegas: a Feira Cabalar, na que os nenos disfrutan dunha xornada fantástica, o ambiente da zona Vella na que vas a atopar os Xigantes e Cabezudos, as atraccións no parque da alameda…e por suposto, o pulpo!!

pulpo1

Si amigos e amigas, ningunha Festa que se precie en Galicia ten que ter pulpeiros e pulpeiras. É increíble como no paso do tempo se mantén como un dos selos de identidade en Galicia. Quen lle iba a dicir a aqueles arrieiros que levaban o pulpo seco da costa o interior, que que comezaron a cocer bacallao antes que o pulpo, que iba a perdurar no tempo a súa profesión.

A profesión de Pulpeiro pode que sexa cos panadeiros, o oficio Artesáns máis antigo que se mantén nos nosos días. Unha desas profesións que pasa de xeración en xeración, e que non hai recuncho de Galicia onde non estean.

Precisamente un bó amigo meu, Pablo Vázquez, pertence a unha familia das míticas de Arcos en O Carballiño. A familia de Pulpería Lolo, son un deses exemplos de como o mundo dos pulpeiros engloba a toda a familia. Os avós, os fillos e os netos chegando a traballar xuntos, herdando incluso a clientela. E cun traballo máis intenso detrás do que moitos cremos. Moitas horas de preparación, horas de quilómetros polas estradas galegas e moitas horas de traballo cocendo e picando pulpo. E sempre mantendo unha relación directa co público, vendendo cada ración.

pulpo.3

Eu non podo maxinar ningunha festa en Galicia sen poder degustar un bo pulpo feito por pulpeiros e pulpeiras galegos, algo no que sen dúbida somos os mellores. A razón? Pois sempre saen moitas, que si a auga na que se coce, a materia prima, os tempos de cocción, etc,… Eu prefiro decantarme por que temos os mellores profesionais que atesoran a sabiduría dos seus antergos.

pulpo2

Así que brindemos con «Gran Alanís» o mesmo cun «Miudiño» por eses grandes pulpeiros e pulpeiras que temos en Galicia, porque sigan facende especiais e únicas as nosas festas e romarías, e porque non deixen que morra esta profesión. Collamos, tamén, unha copa de «Rectoral de Amandi«, e…Vivan os pulpeiros!!

Compartir:
Sin comentarios

Responder
Este formulario recopila tu nombre, correo electrónico y contenido para que podamos realizar un seguimiento de los comentarios dejados en la web. Para más información revisa nuestra Política de Privacidad, donde encontrarás más información sobre dónde, cómo y por qué almacenamos tus datos.