Polos doces de entroido

Polos doces de entroido

Polos doces de entroido

Compartir:

José Manuel García (@Jose_Ma_Garcia)

Que o entroido é unha época do ano non apta para dietas está claro. E que ademais, con esta friaxe, non hai ensalada que reconforte o corpo coma un bó caldo e un bó cocido. Pero nada sería igual sen esas sobremesas, eses doces que parecen estar feitos para que non fuxas da tentación. E hoxe repasarémolos, que ben merece brindar por eles, por que son tradición e a debemos manter!

orellas

Orellas de entroido

   Como pasa coa maioría dos doces de entroido, poderían facerse en calquer momento do ano, pero a tradición marca que debe de ser agora. Chamadas na zona de Castilla “hojuelas”, e moi típico desta zona do norte da peninsula. Unha masa líquida de ovos, fariña, aceite e azucre, que se botan na tixola e co garfo se lles fai esa forma de orella. Un pouquiño de azucre por riba cando as sacamos e… pouco duran despois na bandexa!

flores

Flores de entroido

   Curioso o deste doce. Leva a mesma composición das orellas, pero neste caso utilízase un utensilio de ferro chamado “Florón” que cando se deixa caer o liquido na tixola, dálle esa forma de fror. A tradición di que ese Florón herdábase de nais a fillas, e que se levaba como dote na voda. Imaxino a cara do ínclito que non soubera para que vale, xa que ten máis forma dunha peza para marcar o gando, jajaja!

rosquillas

Rosquillas de entroido

   As rosquillas tal vez sexan o doce que se fai en máis epocas do ano. Partindo de que Galicia ten grandes mestres rosquilleiros, estas rosquillas das que falamos son as que máis se fan nas casas. Hai moitas variacións: con anís, glaseadas con azucre, co azucre espolvoreado, máis compactas, más soltas…máis ricas!! As miñas preferidas as de “Aurita” en Lalín e as rosquillas fritas do meu amigo Alberto de “Docería Estilo” de Melide.

leite frito

Leite frito

   Mmmmm, uunha leite frito ben feito, con ese arrecendo a canela, con ese rebozado fino e a sua cremosidade por dentro. É algo indescriptible. Este doce, conta con moitos devotos en todo o norte da Península. Hai quen as reboza en pan raiado, pero casi alcanza a textura de croqueta, así que mellor as feitas con ovo e fariña. Propóñovos a receta do mestre Alfonso de recetasderecupete.hola.com que é desa terra ourensana con tanta tradición nestas lides.

filloas

As filloas

   Que sería dos galegos, que sería do entroido, que sería dese acto das nosas nais de dar coa culler nas maos cando tocamos o prato antes de tempo, sen as filloas? Tanto presumen os franceses dos crepes, cando os nosos ancestros levan facendo filloas case antes que o caldo! As filloas tamén teñen multiples variedades: na tixola, á pedra (como se facían inicialmente), con sangue, co auga do caldo… Podes tomalas para salgado cun chouriziño dentro e para doce con azucre, ou mel, ou marmelo, ou tona, ou simplemente soas!!!

   Poderiamos engadir as torrixas, o requeixo con mel, o queixo con marmelo e moito máis, pero tal vez son os máis da época. E se todo esto o regamos cun Rectoral de Amandi, a min xa me podedes deixar aquí, que xa estou no paraíso!! Viva o Entroido!!

Compartir:
No Comments

Post A Comment
Este formulario recopila tu nombre, correo electrónico y contenido para que podamos realizar un seguimiento de los comentarios dejados en la web. Para más información revisa nuestra Política de Privacidad, donde encontrarás más información sobre dónde, cómo y por qué almacenamos tus datos.