“Brindar con chefs”. Cuestionario a Conchi Peiteado.

“Brindar con chefs”. Cuestionario a Conchi Peiteado.

“Brindar con chefs”. Cuestionario a Conchi Peiteado.

Compartir:

Por José Manuel García @Jose_Ma_Garcia

No test de hoxe imos coñecer a unha das nosas cociñeiras con máis futuro, pero que xa ten unha bagaxe que moitos quixeran. E certo que xa lle vén de familia, xa que os seus avós levan tempo a fronte do Restaurante Agarimo de Lalín, un deses templos da cociña tradicional no que, se queres tomar un bo cocido, tes que parar si ou si. Pero ademáis, porque na sua cociña conviven tres xeracións de mulleres cociñando man a man. Avoa, filla e neta fusionan os seus coñecementos para ofrecer unha experiencia espectacular a todos os comensais.

fotoconchi

Conchi vén a marcar ese cambio xeracional que estamos a vivir en moitos restaurantes en Galicia. Precisamente a cociña de Conchi Peiteado e así, bebe das fontes da cociña tradicional que sempre houbo no Agarimo pero incorpora técnica, creatividade e sobre todo moito traballo.  Nun restaurante tradicional e moi complicado incorporar novidades ou pratos de alta cociña, pero Conchi vaino facendo dende o básico, mellorar os tempos de cocción, presentación dos pratos e pequenos acenos da nova cociña. Hai que pensar que Conchi xa pasou, en prácticas ou xa como profesional, por cociñas como as de Pepe Solla, Casa Marcelo ou A Estación de Cambre. En resumo, é unha muller que ten a paixón que merece un mundo como o da cociña e o carácter e valor para sobrevivir nun sector non sempre doado. Non perdades a oportunidade de visitar o Restaurante Agarimo e coñecer a cociña de Conchi Peiteado que fai honra o nome do restaurante.

-Que sabor define a túa cociña?

Sería unha mestura de sabores da nosa horta e os produtos da terra.

-Un prato que non soportes.

A tortilla francesa. Déronme moita de pequena por ser mala comedora.

– Se che dixeran “quédate unha hora de vida”, que che gustaría comer antes de marchar? 

Aínda que sexa unha contradicción, unha tortilla española con boa pataca e unha ensalada de tomate.

-Elixe: viño branco ou viño tinto.

-Viño branco

-Fálanos daquela resaca espantosa por exceso de viño… 

-Esto quen o vai ler?? Na festa do albariño en Cambados. Iso de querer probar todos os viños… fóiseme das mans.

-A túa mellor receita con viño? 

-No Ribeiro presentei unha torrixa que levaba unha salsa de remolacha e Ribeiro que estaba boísima. Pero teño unha tía que me ensionou a facer chulas en viño que é unha das miñas receitas favoritas.

-Hai que saber de viño para saborealo como é debido? 

-Está claro que se te formas no mundo do viño poderás atopar matices e cousas especiais. Pero para disfrutar dun bó viño e saber si che gusta non fai falta unha formación.

-Cociñas con música? Qué tipo de música che gusta para estar entre fogóns?

-Si, cociño con música. Gústame moito o merengue e a salsa para bailar, pero no traballo prefiro o rock por que lle dá esa enerxía que preciso para poñerme as pilas.

-Cal é a túa Denominación de Orixe preferida?

-A D.O. do Ribeiro, por ser viños que identifico moito coa cociña da miña zona.

-Con que personaxe histórica che gustaría brindar e por que?

Con Rosalía de Castro, porque creo que terían moitos temas de conversación en común sobre a nosa terra e o papel da muller en xeral.

-Cal sería o teu motivo para brindar? 

-Calquer alegría da xente que aprecio.

Compartir:
No Comments

Post A Comment
Este formulario recopila tu nombre, correo electrónico y contenido para que podamos realizar un seguimiento de los comentarios dejados en la web. Para más información revisa nuestra Política de Privacidad, donde encontrarás más información sobre dónde, cómo y por qué almacenamos tus datos.