28 May Polas mulleres traballadoras
Concha, Carmen e Conchi representan a tres xeracións de mulleres traballadoras. Cada unha dela, reflexo dun tempo. Cada unha afrontou os retos e oportunidades dun xeito diferente. Elas son como moitas xeracións de mulleres de Galicia: decididas, intelixentes, sacrificadas e, sobre todo, traballadoras.
Hoxe en día seguen a traballar xuntas. Aprenden e apoianse todos os días cada unha na outra. E tamén brindan co noso Gran Alanís por todas esas xeracións de mulleres que teñen feito tanto pola nosa terra.
Se queres visitalas, en Lalín, no restaurante Agarimo as podes atopar.









No Comments