“Brindar con chefs”. Cuestionario a Kike Piñeiro e Eloy Cancela

“Brindar con chefs”. Cuestionario a Kike Piñeiro e Eloy Cancela

“Brindar con chefs”. Cuestionario a Kike Piñeiro e Eloy Cancela

Compartir:

Na capital de Galicia acaba de abrir un restaurante deses que xa tiña garantizado o seu exito antes de comezar, A Horta do Obradoiro. Pode soar pretencioso, pero a realidade é que sabendo quen está detrás del, a xente só estaba agardando a poder voltar a disfrutar dos pratos de dous cociñeiros que son presente e futuro da cociña galega.

eloykikw

Kike Piñeiro e un deses cociñeiros con sentimento e raíces. Sentimento que podes atopar na sutileza dos elementos que vés en cada un dos seus pratos e raices as do seu mar. Pola súa banda, Eloy Cancela, ao que eu chamo con agarimo o “Bacterio da cociña”, é creatividade, é talento e sobre todo é unha persoa cunha capacidade de aprendizaxe continua. En resumo, é a suma de dous amigos, de dúas persoas que aman a cociña e que veñen de crear un espazo que ten a esencia de cada un deles en cada rincón deste local da Rúa Hortas 16 en Santiago de Compostela. Mentres ides planificando a vosa visita a este espazo gastronómico especial, imos a coñecelos un pouco mellor:

 

Qué sabor define a tua cociña?

 -Kike: Para min, sen dúbida o Mar.

 -Eloy: A verdade é que continuo Buscando todavía.

 

-Un prato que non soportes.

-Kike: Máis que un prato, é máis ben un elemento. O exceso de Anís mátame.

 -Eloy: Eu levo mal a Casquería, sobre todo riñóns e figado.

 

-Si che dixeran: “quédache unha hora de vida”, ¿qué gustarías de comer antes de marchar?

 -Kike: Uns croques(berberechos) recén collidos na praia como cando era pequeno.

-Eloy: Eu querería un cocido para que me cunda ben a hora, é o meu prato

 

-Elixe: viño branco ou viño tinto.

 – Kike: Ufff, posmo dificil. Eu creo que depende da ocasión, pero quizáis máis tinto.

 -Eloy: Son máis de cervexa. Quizás branco, sobre todo para tapear.

 

-Fálanos de aquéla resaca espantosa por exceso de viño.

– Kike: (Risas) Houbo varias. Pero a máis destacable foi despois de visitar unha adega na Ribeira Sacra. Evidentemente non foi culpa da adega sençon do bo que estaba o viño e de non calcular ben a cantidade!!

– Eloy: Bufff No decimo aniversario dunha adega de Monterrei. Si o bó viño lle engades que estaban a Panorama e París de Noia xuntas, foi moito!!

 

 ¿A túa mellor receita con viño?

– Kike: Gústame moito traballar co Bonito, e se é de Burela mellor. Lembro unha con mel e viño do Rosal que está espectacular.

 – Eloy: A miña versión das Sopas de cabalo canso. Feitas con bo viño Mencía. Levaba un mencía con especias, un bolo dulce de millo e xeado de iogur. Riquisimo!!

 

¿Hai que saber de viño para saborealo como e debido?

-Kike e Eloy: Non necesariamente. Hai criterios máis expertos e menos. Pero o verdadeiramente importante e atopar o sabor que che gusta e disfrutalo.

 

-Cociñas con música? Qué tipo de música che gusta para estar entre fogóns?

 -Kike: Si, pero unicamente durante a preparación. Durante o servicio non. Gústame a música grunge, e que teña caña.

-Eloy: Si, gústame poñer musica. Tamén son de música cañera. Son moito de grupos como Incubus, Korn, etc…

 

-Cál e a tua Denominación de Orixe preferida?

 – Kike: Eu creo que Rias Baixas. E a que máis coñezo e á que máis cariño lle teño, aparte de ter uns viños impresionantes.

 – Eloy: Rias Baixas tamén. Por moitas razóns, pero especialmente pola vinculación familiar co albariño, xa que tamén teñen viñas.

 

-Con que persoaxe histórico che gustaría brindar e por que?

– Kike: Eu creo que con Thomas Hodgkin.  Foi o descubridor do linfoma, e foi precisamente grazas a el que hoxe en día ten solución, cuestión que me toca moi directamente.

 -Eloy: Realmente non son nada mitómano, con ninguén en especial. O importante para brindar e a túa xente.

 

-Cál sería o teu motivo para brindar?

-Kike: Sen dúbida por emprender esta aventura co meu amigo Eloy, na Horta D’Obradoiro.

Eloy: Por ter saude e forzas para afrontar todo o que veña.

 

 

Compartir:
No Comments

Post A Comment
Este formulario recopila tu nombre, correo electrónico y contenido para que podamos realizar un seguimiento de los comentarios dejados en la web. Para más información revisa nuestra Política de Privacidad, donde encontrarás más información sobre dónde, cómo y por qué almacenamos tus datos.