19 mar «Brindar con chefs». Cuestionario a Flavio Morganti.
José Manuel García @Jose_Ma_Garcia
Neste primeiro cuestionario a cociñeiros, queremos facelo a través dun chef ao que só lle falta cambiar o seu lugar de nacemento para ser galego de pura raza. A verdade é que é italiano, de Como, pero a súa vinculación e amor por Galicia son tan grandes que coñezo poucos embaixadores mellores. Un inventor da gastronomía, non só creando pratos, senón indo máis aló na creación de máquinas coma o seu afumador de sabores ou a creación da bebida Pink Cow. Pero ademáis profesa un amor incondicional polos nosos produtos. Así o demostra con dous libros impresionantes como “El arbol del pan” o “Vacas” poñendo en valor a castaña e a nosa vaca. En todo caso, un cociñeiro que merece maior recoñecemento do que ten, e que invito a que coñezades mellor no seu precioso restaurante “Galileo” en Pereiro de Aguiar(Ourense).
Aquí tedes un breve cuestionario que lle fixemos:
-¿Qué sabor define a tua cociña?
O sabor en si mesmo, O autentico. A temporalidade dos productos, regalanos iso…O SABOR!
-Un prato que non soportes.
Se fosen pratos…A ignorancia, a mediocridade e a arrogancia.
-Si te dixeran: “Quedache unha hora de vida”, ¿qué che gostaría comer antes de marchar?
Unha boa pizza
-Elixe: viño branco ou viño tinto.
Ambos. depende o momento
-Falanos daquela resaca espantosa por exceso de viño.
A última, o dia do 25 aniversario de boda. Evidentemente por exceso. Os que somos maiores, xa nunca pecamos por falta de calidade.
-¿A túa mellor receita con viño?
Pulpo al vino mencía o PulpOuriensis
-¿Hai que saber de viño para saborealo como é debido?
Penso que non. Para disfrutar o viño ou calquer cousa, ten que producirte pracer. Que a xente viva as sensacions que transmite, cada un como o sinta.
-¿Cál e a tua Denominación de Orixe preferida?
As miñas DO favoritas son o Ribeiro e o Monterrei. A maduración dos tintos gústame moito máis.
-¿Con que persoaxe histórico gustaríache brindar e por que?
Con Jesucristo. Para depurar uns cantos pecados do mundo.
-¿Cál sería o teu motivo para brindar?
Agradecer a vida os bonitos momentos que nos dá. E se non o temos, debemos buscar sempre un motivo de felicidade para poder brindar.
Sin comentarios