Bluscus Tag

Pablo e Jacobo teñen unha visión: facer do turismo mariñeiro un atractivo para os visitantes. E con moita ilusión montaron BLUSCUS, un proxecto que procura facer a todos e todas gozar coa experiencia do mar dun xeito diferente. Xa sexa cunha singladura acompañada dun concerto, ou visitando unha batea, unha xornada de pesca con mariñeiros da zona... son moitas as cousas que os da costa dan por sentado pero para o resto son experiencias únicas.