Por José Manuel García @Jose_Ma_Garcia
No test de hoxe imos coñecer a unha das nosas cociñeiras con máis futuro, pero que xa ten unha bagaxe que moitos quixeran. E certo que xa lle vén de familia, xa que os seus avós levan tempo a fronte do Restaurante Agarimo de Lalín, un deses templos da cociña tradicional no que, se queres tomar un bo cocido, tes que parar si ou si. Pero ademáis, porque na sua cociña conviven tres xeracións de mulleres cociñando man a man. Avoa, filla e neta fusionan os seus coñecementos para ofrecer unha experiencia espectacular a todos os comensais.