chimpíns Tag

O Festival de Cans é un dos eventos culturais más importantes e mediáticos de Galicia. Miles de persoas(o ano pasado foron 13.000) dánse cita durante catro días nunha parroquia do Porriño de menos de 500 habitantes. Novos creadores do audiovisual, caras coñecidas do cine e a televisión nacional, directores, músicos, etc. Mestúranse cos veciños da aldea, co público en xeral convertendo a Cans no epicentro cultural de Galicia durante estés días. Rectoral de Amandi, que aposta sempre polos proxectos culturais que pagan a pena, colabora este ano co certame.