A Conselleira de Medio Rural visitou Rectoral de Amandi

A Conselleira de Medio Rural visitou Rectoral de Amandi

A Conselleira de Medio Rural visitou Rectoral de Amandi

Compartir:

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou a nosa Bodega Rectoral de Amandi para comprobar in situ que, a pesares da granizada de hai uns meses, os nosos viñedos non se viron afectados. A conselleira estivo acompañada do Director Xeral de Bodegas Gallegas, Manuel Vázquez. 

Ángeles Vázquez destacou a boa calidade xeral da uva na vendima deste ano nas cinco denominacións de orixe de viño de Galicia. Fíxoo durante a súa visita á adega Rectoral de Amandi, na DO Ribeira Sacra, na que estivo acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.

Ángeles Vázquez sinalou que os informes previos facilitados polos consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras confirman as boas previsións en canto á calidade do froito, debido a factores como as chuvias rexistradas nos días previos á colleita, que propician o óptimo estado sanitario da uva, así como as súas condicións favorables de acidez e azucre.

image_gallery

A Conselleira acompaña do Director Xeral de Bodegas Gallegas, Manuel Vázquez.

As estimacións feitas polas denominacións de orixe apuntan a unha colleita total próxima aos 53 millóns de quilos de uva, que suporá un descenso respecto á de 2015. Malia iso, os valores da vendima actual serán bastante próximos aos do conxunto do último decenio. A conselleira salientou especialmente o caso da DO Monterrei, no que se prevé un incremento da uva recollida con respecto á media dos últimos anos.

343

Neste contexto, Ángeles Vázquez puxo en valor o traballo de viticultores e adegueiros que, segundo dixo, son os máximos responsables do éxito acadado polo sector vitivinícola galego nos últimos tempos. Lembrou ademais o incremento das exportacións dos nosos viños e o crecente recoñecemento que obteñen nos diferentes mercados. Deste xeito, engadiu, o prestixio desta produción agroalimentaria beneficia a todos (viticultores, adegueiros, distribuidores e consumidores) e representa unha referencia de calidade e bo facer dentro do noso agro.

Fonte: Consellería de Medio Rural

Compartir:
Sin comentarios

Responder
Este formulario recopila tu nombre, correo electrónico y contenido para que podamos realizar un seguimiento de los comentarios dejados en la web. Para más información revisa nuestra Política de Privacidad, donde encontrarás más información sobre dónde, cómo y por qué almacenamos tus datos.